
O 8 de xuño é o día mundial dos océanos. A xente non se decata da verdadeira importancia dos mares para a terra, xa que recobren aproximadamente o 70% da superficie do planeta, por algo nos chaman planeta azul ...
A terra non a herdamos dos nosos pais, tomámola prestada dos nosos fill@s.


1. O papel
Nas túas mans está…
Utiliza o papel polas dúas caras e unha vez aproveitado, levao ó cubo azul de reciclaxe de papel, ó mesmo co cartón.
Usar trapos de cociña para limpar, minimizando ó uso do papel de cociña.
3. O plástico (O plástico é un material non biodegradable polo que nunca desaparece por completo)
Nas túas mans está…
Levar á compra unha bolsa de tela ou un carrito, polo menos unha vez á semana.
Reutiliza-las bolsas de plástico da compra como bolsas de lixo.
En lugar de envolve-la comida en plástico adherente, usa recipientes para gardala.
4. As pilas
Nas túas mans está…
Utilizar pilas recargables en lugar das de usar e tirar.
Deposita-las pilas usadas nos cubos de reciclaxe, tendo coidado en separa-las pilas segundo os diferentes tipos.
5. O teléfono móbil (Os móbiles son residuos moi susceptibles de seren reciclados –por unha banda conteñen materias primas non renovables que poden ser recuperadas e pola outra, as súas baterías están compostas de materiais tóxicos como os metais pesados.)
Nas túas mans está…
Á hora de cambiar de móbil, achegar o teu vello teléfono e os sus acesorios a algún dos puntos de recollida; infórmate en www.donatumovil.org o en www.tragamovil.com.
6. A auga
Nas túas mans está…
Non te bañes, dúchate e pecha a villa mentres te estas a enxabonar.
Presta atención ás villas da cociña e o baño, que non pinguen nin perdan agua.
Lava os dentes abrindo e pechando a villa segundo se vaia necesitando. Así, aforras ata 19 litros de auga en cada lavado.
Ó afeitarte, enche o lavabo en lugar de deixar corre-la auga. É unha forma de aforrar ata 50 litros por afeitado.
Pon a lavadora e o lavalouzas cuando a carga este chea.
Lava-lo coche utilizando un cubo e unha esponxa ou nun túnel de lavado, nunca coa mangueira.
Aproveitar ó máximo a auga, por exemplo, a que sobre na xarra da comida para rega-las plantas.
Non utilizar nunca o inodoro como se fose unha papeleira.
7. A enerxía
Nas túas mans está…
Utilizar lámparas e bombillas de baixo consumo.
Educa ós cativos no hábito de apaga-las luces, a televisión e a radio cando non se estén utilizando; e polas noites apagar a tele de todo, é dicir, non no mando a distancia. Este xesto aforra ata un 30% de enerxía.
8. A materia orgánica
Os residuos orgánicos, tamén poden reciclarse. Estos restos pasan por un proceso chamado compostaxe polo que se converten nun abono especial chamado compost que se utiliza en agricultura.
Nas túas mans está…
Separa-la materia orgánica do resto do lixo e depositala nos cubos verdes ou laranxas.
9. As emisións de CO2
Nas túas mans está…
Ir andando ou utilizar o transporte público siempre que sexa posible.
Plantar unh arbore, é un xesto que salva vidas… unha soa arbore absorberá una tonelada de CO2 ó longo dos anos.
Dende hai 37 anos, o día 22 de abril celébrase o ignorado e pouco vistoso Día da Terra.
Consecuencias do quecemento global
| | A elevación do nivel do mar terá un efecto devastador nas persoas. Son particularmente vulnerabels aqueles que habitan en países insulares, nas áreas costeiras densamente poboadas de moitas nacións e nos deltas dos ríos, así como a xente pobre que vive en países afectados por sequías e inundacións. Estimase que, para o 2020, tres cuartas partes da poboación mundial podería estar en risco de sequías ou inundacións. |
| | |
| | Se non reducimos radicalmente as emisións dos gases que producen o efecto invernadoiro, os custos anuais do quecemento global poden ascender ata 300 billóns de dólares en 50 anos. Se os nosos gobernantes e políticos non actúan axiña, a economía mundial sufrirá un severo retroceso. |
| | Na 7ª Conferencia das Partes da Convención sobre Cambio Climático , celebrada en Marrakech, Marrocos, en novembro de 2001, o representante do Programa Ambiental das Nacións Unidas dixo que o quecemento global podería provocar que a colleita dalgúns productos alimenticios fundamentais, disminuira ata nun 30% nos próximos 100 anos. Os agricultores veranse obrigados a desplazarse a zonas montañosas máis elevadas e frías, ameazando así a vida salvaxe e a calidade e cantidade do suministro de auga. |

Segundo a wikipedia chámaselle cambio climático á modificación do clima con respecto ó historial climático a unha escala global ou rexional. Tales cambios producense a escalas moi diversas, de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etcétera. Son debidos a causas naturais e a acción da humanidade.
O térmo acostuma usarse, de forma pouco apropiada, para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quecemento global. A Convención Marco das Nacions Unidas sobre o Cambio Climático usa o termo cambio climático só para referirse ó cambio por causas humanas.
Para maior información pincha aquí.