lunes, 11 de mayo de 2009

10 cousas que podes facer polo medio ambiente

1. O papel
Nas túas mans está…

Utiliza o papel polas dúas caras e unha vez aproveitado, levao ó cubo azul de reciclaxe de papel, ó mesmo co cartón.
Usar trapos de cociña para limpar, minimizando ó uso do papel de cociña.



2. O vidro (Se non reciclamos unha botella ésta pode tardar ata 100.000 anos en desaparecer).
Nas túas mans está…
Acercarte regularmente a un cubo verde para reciclaxe de vidro. Ainda que non é preciso quita-las etiquetas das botellas, se te desfás previamente dos corchos e dos tapóns facilitarás o proceso de reciclaxe.


3. O plástico (O plástico é un material non biodegradable polo que nunca desaparece por completo)
Nas túas mans está…
Levar á compra unha bolsa de tela ou un carrito, polo menos unha vez á semana.
Reutiliza-las bolsas de plástico da compra como bolsas de lixo.
En lugar de envolve-la comida en plástico adherente, usa recipientes para gardala.


4. As pilas
Nas túas mans está…
Utilizar pilas recargables en lugar das de usar e tirar.
Deposita-las pilas usadas nos cubos de reciclaxe, tendo coidado en separa-las pilas segundo os diferentes tipos.



5. O teléfono móbil (Os móbiles son residuos moi susceptibles de seren reciclados –por unha banda conteñen materias primas non renovables que poden ser recuperadas e pola outra, as súas baterías están compostas de materiais tóxicos como os metais pesados.)
Nas túas mans está…
Á hora de cambiar de móbil, achegar o teu vello teléfono e os sus acesorios a algún dos puntos de recollida; infórmate en www.donatumovil.org o en www.tragamovil.com.



6. A auga
Nas túas mans está…
Non te bañes, dúchate e pecha a villa mentres te estas a enxabonar.
Presta atención ás villas da cociña e o baño, que non pinguen nin perdan agua.
Lava os dentes abrindo e pechando a villa segundo se vaia necesitando. Así, aforras ata 19 litros de auga en cada lavado.
Ó afeitarte, enche o lavabo en lugar de deixar corre-la auga. É unha forma de aforrar ata 50 litros por afeitado.
Pon a lavadora e o lavalouzas cuando a carga este chea.
Lava-lo coche utilizando un cubo e unha esponxa ou nun túnel de lavado, nunca coa mangueira.
Aproveitar ó máximo a auga, por exemplo, a que sobre na xarra da comida para rega-las plantas.
Non utilizar nunca o inodoro como se fose unha papeleira.



7. A enerxía
Nas túas mans está…
Utilizar lámparas e bombillas de baixo consumo.
Educa ós cativos no hábito de apaga-las luces, a televisión e a radio cando non se estén utilizando; e polas noites apagar a tele de todo, é dicir, non no mando a distancia. Este xesto aforra ata un 30% de enerxía.



8. A materia orgánica
Os residuos orgánicos, tamén poden reciclarse. Estos restos pasan por un proceso chamado compostaxe polo que se converten nun abono especial chamado compost que se utiliza en agricultura.
Nas túas mans está…
Separa-la materia orgánica do resto do lixo e depositala nos cubos verdes ou laranxas.



9. As emisións de CO2
Nas túas mans está…
Ir andando ou utilizar o transporte público siempre que sexa posible.
Plantar unh arbore, é un xesto que salva vidas… unha soa arbore absorberá una tonelada de CO2 ó longo dos anos.



10. A contaminación acústica
Nas túas mans está…
Respeta-lo medio ambiente evitando o ruido excesivo ou innecesario, especialmente en entornos rurales.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog