martes, 26 de mayo de 2009

"A Cadea Verde": Consellos para unha Vida Lóxica e Ecolóxica

Parece que xa estamos fartos de oír barbaridades e desastres ecolóxicos, pero non facemos nada. Nós, os cidadáns de "a pé", podemos facer MOITO máis do que cremos. As grandes desastres ecolóxicas NON son só culpa de políticos e grandes empresarios (que tamén o son). Por elo naceu esta CADENA da VIDA, cadena VERDE, para axudar a concienciarnos cada vez máis. Aquí, propoñemos unha serie de consellos simples, que podes facer só con que cho propoñas. Xa non podes dicir: ¿Qué podo facer eu?. Anímate

Para máis información preme aquí

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS


O 8 de xuño é o día mundial dos océanos. A xente non se decata da verdadeira importancia dos mares para a terra, xa que recobren aproximadamente o 70% da superficie do planeta, por algo nos chaman planeta azul ...

martes, 19 de mayo de 2009

Charla CONDUCIÓN EFICIENTE

A conducción eficiente era o tema principal da charla do día 18 de maio. Pero para chegar a iso previamente fixemos un pequeno percorrido por algúns dos temas ecolóxicos que máis nos afectan (enerxía, reciclaxe, cambio climatico...). O máis salientabel foi o dinamismo e as oportunidades de interacción que ofrecía o expoñente, isto ligado a gran disposición del para resolver dudas fixeron desta charla algo didáctico, ameno e concienciador.

Saída á Lagoa de Antela


O día 28 de abril, poidemos observar o que queda da Lagoa de Antela en vivo e directo, xa que foi desecada debido á actividade humana para realizar concentracións parcelarias. Ademáis fomos á Casa da Lagoa de Antela en Sandiás na que se nos deu a coñecer dunha forma didáctica a súa historia a través dun video e fotos ademáis de pequenos obxectos da vida cotidiana do pobo. Con todo isto poidemos reflexionar sobre a importancia de preservar os espazos naturais. Para máis información clica aquí.

martes, 12 de mayo de 2009

Arredor de sí

A continuación podedes ver a exposición fotográfica que realizamos para esta asignatura. se quedaches con ganas de volver a velo ou non te quedou algo claro, podes visionalo de novo e facernos un comentario coas tuas cuestións.
Exposicion Fotografica Con MúSica IncluíDa
View more presentations from guestcfdcb1.

TEMOS DÍAS QUE CELEBRAR...


Neste mes temos dous días que celebrar:

- O Día Mundial da Diversidade Biolóxica (22 de maio).

- O Día Europeo dos parques Naturais (24 de maio).

ACTIVIDADE OIRA


ISABEL
OLALLA
NOA

Archivo del blog