lunes, 6 de abril de 2009

Consecuencias do quecemento global


A elevación do nivel do mar terá un efecto devastador nas persoas. Son particularmente vulnerabels aqueles que habitan en países insulares, nas áreas costeiras densamente poboadas de moitas nacións e nos deltas dos ríos, así como a xente pobre que vive en países afectados por sequías e inundacións. Estimase que, para o 2020, tres cuartas partes da poboación mundial podería estar en risco de sequías ou inundacións.



Se non reducimos radicalmente as emisións dos gases que producen o efecto invernadoiro, os custos anuais do quecemento global poden ascender ata 300 billóns de dólares en 50 anos. Se os nosos gobernantes e políticos non actúan axiña, a economía mundial sufrirá un severo retroceso.


Na 7ª Conferencia das Partes da Convención sobre Cambio Climático , celebrada en Marrakech, Marrocos, en novembro de 2001, o representante do Programa Ambiental das Nacións Unidas dixo que o quecemento global podería provocar que a colleita dalgúns productos alimenticios fundamentais, disminuira ata nun 30% nos próximos 100 anos. Os agricultores veranse obrigados a desplazarse a zonas montañosas máis elevadas e frías, ameazando así a vida salvaxe e a calidade e cantidade do suministro de auga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog