martes, 31 de marzo de 2009

Qué é o cambio climático?



Segundo a wikipedia chámaselle cambio climático á modificación do clima con respecto ó historial climático a unha escala global ou rexional. Tales cambios producense a escalas moi diversas, de tempo e sobre tódolos parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etcétera. Son debidos a causas naturais e a acción da humanidade.

O térmo acostuma usarse, de forma pouco apropiada, para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quecemento global. A Convención Marco das Nacions Unidas sobre o Cambio Climático usa o termo cambio climático só para referirse ó cambio por causas humanas.

Para maior información pincha aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog